viernes, 29 de mayo de 2020

4.- A GRANDE PISTA VERTEBRADORA

4.- A GRANDE TRAVESÍA 

A modo de columna vertebral de toda a áres  discurre unha pista que une as zonas máis alonxadas desta Área septentrional da Serra do Xistral.
Diste xeito os lugares de Zarza de Miñotos  e a sua  contorna do noroeste fica unida con o Escallal de Frexulfe e a sua contorna do suleste nunha doada e cómoda viaxe en vehículo.

Iniciamos pois o traxecto no lugar de Escallal, que subiremos cara o Forcón; e unha vez rebasado iste e pasado o cruce ó Penido Vello preséntasenos un cruce importante.

Neste cruce ofrécesenos duas posiblidades en duas rutas distintas; irmos a esquerda cara o corazón da área proposta ( Charcas, Cancelas, Carballido, etc) ate empatar con a lonxana pista que sube cara os Altos de Onsolar; ou ben achegarse na ruta da dereita, onde levarános a Zarza, via Sinás.

Obviamente eleximos esta última ruta. Asi pasaremos polos petroglifos do Chan de Vidal ate achegarnos a un novo cruce no que colleremos a dereita... para chegar a Zarza sen problema engadido.

Asi pois,  ,nesta pista central dividiremos toda este estudo realiazado en duas  Áreas.

1)  Área da dereita: Penidos, Sinás , Balsadas , Prado das Chantas . Bico Longo, Vilacampa...
2)  Área da esquerda: As cadeas montañosas do Velina, Besteburiz e Fraga das Leirass, Carballido, Caldeira, Charcas, etc.

<iframe width = "800" height = "600" frameborder = "0" style = "border:0" src ="https://www.ign.es/iberpix2/visor/?&x=-836588.00&y=5394480.00&level=14&srid=3857&visible=MTN;" ></iframe>

No hay comentarios:

Publicar un comentario