viernes, 29 de mayo de 2020

3.- AS PISTAS DE ACCESO

                    AS PISTAS DE ACCESO 


Unha serie de pistas vertebran as seis áreas descritas; imos enumeralas para despois desenrolar cada unha delas , subliñando as referencias adecuadas para unha maior comprensión.


 
                             ÁREA NORTE. ( 1 )  VILACAMPA


1) Pistas de acceso dende Zarza ate Sinás

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 9 km de Ourol no lugar de Xestido coller desviacion a dereita e seguir ate Zarza, onde colleremos desviacion a esquerda, entrando na pista de terra. Teredes que estar atentos, pois a poucos metros colleremos duas desviacións, a primeira a esquerda e a segunda á dereita. Seguiremos rectos durante 3,30 km e chegaremos a Sinás.

2) Pista que comunica con o Chan das Arcas , Área tumular de Vilacampa ate Santo Domingo.- Pista transitable para todo tipo de vehicul. Tén a sua entrada no mesmo centro de Vilacampa a esquerda, a 7,5 km de Ferreira.

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 15,50 km de Ourol , no lugar do Trobo, no mesmo centro do lugar de Vilacampa atoparemos cun cruce onde colleremos a dereita. Esta pista de terra levarános en primeiras ó Campo da Arca e si seguides, levarávos a grande chaira tumular.

3) Pista que baixa a SANTANA.- En moi mal estado, e só transitable nun 4 x 4 o térse convertido dun extenso eucaliptal. Tén a sua entrada situada a esquerda a 3,5 km de Ferreira
Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 19,80 km de Ourol na área recreativa colleremos unha pista de terra ( a poucos collede a dereita ) que nos levará a zona da Sabugueira para acabar na Área da Santana.
Existen outra serie de pistas, mais están convertidas en terreo privado con cancelas e cortes que fan imposible a visita, mesmo peatonal.

                                           ÁREA LESTE : PENIDOS 

4) Pista dos Penidos

Dende a estrada de Ferreira a Abadín , a 3 km de Ferreira, no cruce das Naranxeiras colleremos a dereita ate subir o castro de Recaré polo seu Via Crucis, e pasado a Igrexa collemos desviación a esquerda para despois do lugar das Pardellas coller cruce a dereita, que nos levará a área recreativa do Curro da Rapa das Bestas de Santomé, para de seguido enfilar a estradiña de terra que nos levará o corazón dos Penidos.


5) Pista ó Forcón 

Pista de subida con escomenzo no Escallal: Poderedes ir de tres  xeitos :

1.- Proseguimos pista anterior despois do cruce os Penidos ( despois das Pardellas) , para atopar esta pista de subida a 2,91 km a dereita.
2.- Proseguimos pola Estrada de Ferreira o Cadramón, e pasado 250 m de Frexulfe, a 6, 8 km de Ferreira, no cruce do lugar do Pazo coller a dereita. Continuaredes 1,68 km ate bater con esta mesma pista de subida a esquerda.
3.- Nesta mesma estrada Ferreira-O Cadramón, poderedes continuar , e a 2,50 km desde Frexulfe, no lugar de Freixido atoparedes pista a dereita que seguiredes ate bater con esta pista reseñada anteriormente.


               ÁREA SUL  : TERRAS INTERMEDIAS E ALTAS


6) Pista das Cancelas


A poucos no cruce cara Ferrocente, e a dous km apartar a esquerda subindo polas Cancelas cara os Altos das Penas de Carballido.



7) Pista do Albardo cara as Charcas.- 

Dende a estrada de Ferreira a Abadín no km 12, antes de entrar no lugar do Cadramón colleremos pista cara o lugar de Albardo que pasaremos e seguiremos a liña eólica ate achegarnos as chairas tumulares dos Xestos e terras baixas da Serra do Xistral.




8) Pista das Terras Altas de Onsolar

Dende a estrada de Ferreira a Abadin, a 2, 17 km despois de pasado o lugar do Cadramón e enfronte da Capela de Santa Filomena colleremos a dereita unha pista que nos levará as terras altas da Serra do Xistral. 


                           ÀREA OESTE. TERRAS ALTAS



9) Pista da Pena Grande

No lugar de Silán, entre os lugares de Igrexa, O Candeal e o de Castrosol tén o seu berce unha pista que nos levará o Parque Eolico da Pena Grande. Seguindo pola pista principal levaranos o Alto de Onsolar; unha das cumes da Serra do Xistral.










No hay comentarios:

Publicar un comentario