viernes, 29 de mayo de 2020

2.- XENERALIDADES



XISTRAL DIDÁCTICO

Xeneralidades

                                       Explicación inicial 


Despois de todo o exposto nestes 7 blogs anteriores, e dentro da nosa ideia de situarvos fácilmente nos sitios estudados; imos tentar facer comprensible cada segmento de terreo de todalas Áreas estudadas neste traballo que engloba a parte septentrional da Serra do Xistral, para poder visitar a zona da vosa elección con a seguridade que confire o coñecemento de tela xá revisado en profundidade a través deste novo blog adicado enteiramente a ensinanza didáctica dos contidos deste traballo.

A nosa intención é que non dependades de naide para poder visitar cada eido eiqui exposto, resaltando a vosa autosuficiencia sen tér que recurrir a alguén que vos faga de guía; iso darávos seguridade e confianza e mesmo podredes vós mesmas poder guiar a vosa xente, sobretodo os mais pequenos para poderlles transmitir a maxia da natureza dende a historia do home nestas terras altas ate a actualidade.



Escomenzaremos esta tarefa VERTEBRANDO toda a Área estudada , e creando unhas referencias concretas para que partindo delas, poidades achegarvos os puntos que queirades visitar.

Despois desta tarefa inicial seguiremos evolucionando de contido ... ahi vos vai un apéndice do que iremos a tratar: 

- Rutas longas e curtas en vehiculo
- Roteiros
- Historia dos Encontros nos Penidos 
- Unidade Didáctica

Para finalizar esta páxina ahí vos vai un guieiro moi sinxelo de 15 rotas.... 

GUIEIRO DE 15 ROTAS POLA SERRA DO XISTRAL ( zona septentrional )
n
Nome
Lugares a visitar
Temp

1
Prado das Chantas
Couso da Lagoa, Prado das Chantas e retorno
45 min.
Sinxelo
2
Curvel
Lombo da Camposa, Os Regos, O Curvel e retorno
4 h
Altos
3
Santana
Curro San Tomé/Pista descenso/Cruce Vao/Santana e retorno
4 h
Longo
4
As Parañoas
Veiga Mol, Parañoas e retorno
1 h
Sinxelo
5
Chaira de Vilacampa
Campo e Porta de Sinas, Baixada de Santo Domingo, Chan de Barcia, Chaira Vilacampa, Campo das Arcas e retorno
5
Longo
6
Chaira de Sinás
Campo, Porta e Chaira de Sinás.
2 h
Doado
7
Coto Mouro
Porta de Sinás, Coto Mouro, Penido dos Mouros, Sinas
4 H
Doado
8
O Sabocedo
Casal, Pena Moura, Tumulos, Aliñamentos, Fonte
1 h
Sinxelo
9
Circular Chaira dos Penidos
Parking, Prado Chantas, Teixeira, Couso e Povoado da Chaira, Aba Penido Novo, Coruxeiras, As Cabanas
4 h
Sinxelo
10
Interior Cabanas subida
Coruxeiras, As Cabanas, subida as Parañoas, Veiga Mol
2h
Sinxelo
11
Coche-1
Cidade Petrea Penido Vello, Lar de Vidal, Arcas Sinas, Pedregosas, Couso do Xesto, Penas do Carballido, etc.
Sin Limite
Coche
12
Penido Novo
Lombo Camposa, subida o Penido Novo
3 h
Pendente
13
Parañoas , baixada Cab.
Veiga Mol, Parañoas, baixada as Cabanas
2 h
Sinxelo
14


Longa distancia
Lombo Camposa, Curvel, Vilacampa, Penido Mouros, Sinás, Penido Vello, Chaira dos Penidos, Coruxeiras

7 h
Dificil
15
Si chove… en coche -2
Alta montaña: Grande Pedrafita, Pena que Fala, Penido Vello, Petroflifos Lar de Vidal, Pedregosas, Couso do Xesto, Penas do Carballido… regresando a San Tomé para ver o Prado das Chantas e subir ate o final da pista dos Penidos.
Sin limite
Coche








No hay comentarios:

Publicar un comentario